Entradas

Ola!

Benvidos ao blog dos Correspondentes Xuvenís do Instituto IES Rosalía de Castro, formado polo alumnado de 1º de Animación Sociocultural e Turismo.
Aquí poderás encontrar todo tipo de información de interés: proxectos nos que poder participar, actividades, información sobre centros, oportunidades etc.
Síguenos nas nosas redes!
Instagram: rosaliaodia18
Twitter: @rosaliaodia

Mathex

Imagen
Un equipo de docentes do Departamento de Matemáticas da USC, acaba de pór en rede a versión de proba, en castelán, do xogo gratuíto MatHex (https://mathex.games), que ten como obxectivo achegar a ciencia a todo tipo de público, combinando estratexia e coñecementos.
A base do videoxogo é un taboleiro formado por hexágonos inspirado no clásico xogo de mesa HEX. Para máis información contacte con ROSALÍA AO DÍA.

Subvencións a proxectos da mocidade que traballe en zonas rurais.

Imagen
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural convoca subvencións para proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas destinadas a mellorar, ampliar e/ou modernizar as empresas exitentes que desenvolven actividades non agrícolas en zonas rurais, mediante o apoio á adquisición de maquinaria e equipamentos novos.
Persoas beneficiarias:
a) As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2018. b) Persoas físicas que residan nunha zona rural. As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018. c) Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

Charlas informativas sobre iniciativa xove e galegoeuropea.

Imagen
A través deste servizo, que terá un formato de charla explicativa, expoñeranse as principais características dos programas e ofrecerase información práctica sobre a presentación de solicitudes. O obxectivo desta iniciativa é facer accesible a información e o asesoramento sobre dous dos principais programas desta dirección xeral a todas as potenciais persoas beneficiarias, independentemente da súa localización xeográfica.
Para máis información contactar con Rosalía ao Día.

Iniciativas locais dirixidas á xuventude.

Imagen
A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade.

a) Iniciativa local emprendedora: proxectos relacionados co emprendemento e a empregabilidade dos mozos e mozas.
b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación
xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.
c) Dinamización da información para a mocidade.
d) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da mocidade na súa comunidade e na súa contorna.
e) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos
con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
f) Dinamización da lingua galega entre a mocidade.
g) Fomento da participación e o empoderamento das mulleres novas galegas.
h) Conservación e posta en valor do ambiente e do patrimonio cultural e natural.
i) Desenvo…

TransformArte

Imagen
A Fundación Caixa Rioxa convoca o XI Certame Transformarte Fundación Caja Rioja, no que poderán participar todos os artistas españois ou residentes en España, sen límites de idade. Requisitos Artistas españois ou residentes en España, sen límites de idade. Dotación Establécese un primeiro premio dotado con 900 euros e un segundo premio dotado con 500 euros. Prazo: ata o 23 de febreiro de 2019 Para máis información contacta con Rosalía ao Día

Cursos de idiomas no estranxeiro para mocidade con discapacidade.

Imagen
A axuda concedida será proporcional ao número de semanas de estancia no estranxeiro e obedecerá ao seguinte esquema:
- Programas de 4 semanas: 2.000 euros
- Programas de 6 semanas: 3.000 euros
- Programas de 8 semanas: 4.000 euros
- Programas de 10 semanas: 5.000 euros
- Programas de 12 semanas: 6.000 euros Prazo: ata o 31 de agosto de 2019
Para máis información contactar con Rosalía ao Día.