Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2019
Imaxe
Titulacións para embarcacións de lecer A Consellería do Mar convoca exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia. – Patrón/patroa para navegación básica. – Patrón/patroa de embarcacións de lecer. – Patrón/patroa de iate. – Capitán/capitá de iate. Idade mínima: O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas Prazos: Convocatoria de abril de 2019: do 20 de febreiro ao 6 de marzo de 2019, ambos inclusive. Convocatoria de xullo de 2019: do 27 de maio ao 10 de xuño de 2019, ambos inclusive. Convocatoria de decembro de 2019: do 28 de outubro ao 11 de novembro de 2019, ambos inclusive. Para máis información contacta con Rosalía ao Día.
Imaxe
Curso de prevención de riscos laborais nivel básico A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso de prevención de riscos laborais nivel básico. O prazo de presentación de solicitudes será do 20 ao 28 de febreiro de 2019. Destinatarios/as:  aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais. Modalidade:  teleformación. Duración:  60 horas. Datas:  do 12 de marzo ao 9 de maio de 2019. Proba final presencial:  o día 9 de maio ás 10.00 horas. Para máis información contacta con Rosalía ao Día.

OBRADOIRO FORMATIVO: O CURRICULUM VITAE MODELO EUROPASS

Imaxe
Obradoiro formativo: O Curriculum Vitae modelo Europass Obxectivo:  coñecer o modelo Europass de Curriculum Vitae e como organizar a información de xeito sinxelo e eficaz en función das experiencias formativas e/ou profesionais de cada persoa. Destinatarios:  mocidade entre 18 e 30 anos. Duración:  4 horas. Data:  Luns 11 de marzo Lugar:  Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela Horario:  de 16:00 a 20:00 horas. Prazas:  15 Prazo de inscrición:  do 21 de febreiro ata o 8 de marzo. Para máis información contacta con Rosalía ao Día.

BOLSAS PARA REALIZAR NO VERÁN CURSOS DE DANÉS EN DINAMARCA

Imaxe
Bolsas para realizar no verán cursos de danés en Dinamarca A duración dos cursos é de tres semanas, impartidas no verán durante os meses de xullo e agosto de 2018, cun mínimo de tres horas ao día de formación no idioma danés. Prazo: 1 de marzo de 2019 Para máis información contacta con Rosalía ao Día!

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS

Imaxe
A Consellería de Educación convcoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, durante o ano 2019. O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2019, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2019/20. Requisitos: a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma de Galicia. b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2017/18. c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingu
Imaxe
    Concurso do Estatuto de Autonomía de Galicia de debuxo e redacción escolar en Ourense Poderán participar neste concurso os estudantes de infantil, primaria, educación especial e ensino secundario obrigatorio, bacharelato e ciclo medio de formación profesional, de centros de ensino xeral tanto públicos coma concertados ou privados, da provincia de Ourense. O prazo estará aberto ata o 15 de marzo de 2019. Os alumnos de ensino obrigatorio, bacharelato e ciclo medio de formación profesional deberán presentar unha redacción sobre o Estatuto de Autonomía, cunha extensión mínima de sete folios e máxima de doce, escrita en galego, á man ou en ordenador, por unha soa cara e a dobre espazo. Se o traballo se fai en ordenador, o tipo e tamaño de letra será Arial 12. O traballo literario poderá ser ampliado ou complementado con fotografías, recortes de prensa, etcétera. Os traballos poderán presentarse en papel ou en soporte electrónico. os 20 mellores traballos serán premiados cun diploma,

INTERCAMBIO CON POLONIA

Imaxe
INTERCAMBIO CON POLONIA!!!!!! Intercambio con Polonia do 1 ao 9 de marzo por 50 euros. S er á un intercambio internacional de mozos con 40 participantes e líderes de Polonia, Hungría, España e República Checa. A entidade organizadora, Stowarzyszenie Aktywna Dabrowa Polonia reembolsará os custes de desprazamento do/a mozo/a ata un máximo de 360€. Para máis información contactade con Rosalía ao Día!
Imaxe
Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur" O Punto de información xuvenil da Asociación Viento Norte Sur de Murcia organizan as seguinte viaxes solidarias para mocidade de toda España: -Marrocos: viaxe solidaria ao deserto marroquí. - Marrocos: Atlas trekking solidario. - Marrocos: trekking costa solidario - Marrocos: trekking solidario Valle das Rosas. - Traballo con nenos talibés en Senegal. - India: a orixe do Ganges Ademais sortean unha praza para unha viaxe solidaria a Marrocos: https://www.facebook.com/ vientonortesur.org/?ref= bookmarks PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTE CON ROSALÍA AO DÍA!!

Ola!

Benvidos ao blog dos Correspondentes Xuvenís do Instituto IES Rosalía de Castro, formado polo alumnado de 1º de Animación Sociocultural e Turística. Aquí poderás encontrar todo tipo de información de interese: proxectos nos que poder participar, actividades, información sobre centros, oportunidades etc. Síguenos nas nosas redes! Instagram: rosaliaaodia Twitter: @rosaliaodia

Mathex

Imaxe
Un equipo de docentes do Departamento de Matemáticas da USC, acaba de pór en rede a versión de proba, en castelán, do xogo gratuíto MatHex ( https://mathex.games ), que ten como obxectivo achegar a ciencia a todo tipo de público, combinando estratexia e coñecementos. A base do videoxogo é un taboleiro formado por hexágonos inspirado no clásico xogo de mesa HEX. Para máis información contacte con ROSALÍA AO DÍA.

Subvencións a proxectos da mocidade que traballe en zonas rurais.

Imaxe
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural convoca subvencións para proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas  destinadas a mellorar, ampliar e/ou modernizar as empresas exitentes que desenvolven actividades non agrícolas en zonas rurais,  mediante o apoio á adquisición de maquinaria e equipamentos novos. Persoas beneficiarias: a) As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2018. b) Persoas físicas que residan nunha zona rural. As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018. c) Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades  en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

Charlas informativas sobre iniciativa xove e galegoeuropea.

Imaxe
A través deste servizo, que terá un formato de charla explicativa, expoñeranse as principais características dos programas e ofrecerase información práctica sobre a presentación de solicitudes. O obxectivo desta iniciativa é facer accesible a información e o asesoramento sobre dous dos principais programas desta dirección xeral a todas as potenciais persoas beneficiarias, independentemente da súa localización xeográfica. Para máis información contactar con Rosalía ao Día.

Iniciativas locais dirixidas á xuventude.

Imaxe
 A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade. a) Iniciativa local emprendedora: proxectos relacionados co emprendemento e a empregabilidade dos mozos e mozas. b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación. c) Dinamización da información para a mocidade. d) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da mocidade na súa comunidade e na súa contorna. e) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables. f) Dinamización da lingua galega entre a mocidade. g) Fomento da participación e o empoderamento das mulleres novas galegas. h) Conservación e posta en valor do ambiente e do patrimonio cultural e natural.

TransformArte

Imaxe
A Fundación Caixa Rioxa convoca o XI Certame Transformarte Fundación Caja Rioja, no que poderán participar todos os artistas españois ou residentes en España, sen límites de idade. Requisitos Artistas españois ou residentes en España, sen límites de idade. Dotación Establécese un primeiro premio dotado con 900 euros e un segundo premio dotado con 500 euros. Prazo: ata o 23 de febreiro de 2019 Para máis información contacta con Rosalía ao Día

Cursos de idiomas no estranxeiro para mocidade con discapacidade.

Imaxe
A axuda concedida será proporcional ao número de semanas de estancia no estranxeiro e obedecerá ao seguinte esquema: - Programas de 4 semanas: 2.000 euros - Programas de 6 semanas: 3.000 euros - Programas de 8 semanas: 4.000 euros - Programas de 10 semanas: 5.000 euros - Programas de 12 semanas: 6.000 euros Prazo: ata o 31 de agosto de 2019 Para máis información contactar con Rosalía ao Día.

Premio Auditorio de Galicia.

Imaxe
O Auditorio de Galicia convoca a undécima edición do premio Auditorio de Galicia para artistas residentes ou nacidos en Galicia menores de 40 anos. ENTREGA DAS OBRAS: Na primeira fase do concurso o xurado seleccionará as obras sobre a documentación que presente a/o artista. Nesta fase NON se achegarán obras ORIXINAIS, a excepción de vídeos. As/os artistas deben presentar a documentación antes das 14.00 horas do venres 12 de abril de 2019. REQUISITOS: Cada artista/colectivo poderá participar cunha soa obra, única ou como serie, realizada en calquera tipo de técnica ou soporte (pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación…). As obras deben ser orixinais e inéditas. PREMIOS: Os premios serán os seguintes: - Un primeiro premio dotado con 6.000 euros. - Un segundo premio de 3.000 euros - Un terceiro premio de 2.000 euros. Para máis información contactar con Rosalía ao Día.

Para non perderse na ABAU...

Imaxe
Se estás estudando 2º de bacharelato e queres acceder á universidade, en xuventude podes informarte  sobre Avaliación de Bacharelato para o Acceso ás ensinanzas Universitarias (ABAU). No curso 2018/2019 realizaranse dúas convocatorias desta proba que serían en: Xuño: mércores 12, xoves 13 e venres 14 Xullo: mércores 10, xoves 11 e venres 12 Para máis información contactade con ROSALÍA AO DÍA

Silencio! Grabando!

Imaxe
Se buscan 20 voluntarios/as para participar nun  Encontro de Correspondentes Xuvenís de toda España , que se desenvolverá en Gandarío  do 5 ao 7 de abril . Requisitos para participar: - Ser Correspondente Xuvenil - Estar en 2º, 3º, 4º da ESO ou 1º de Bacharelato Para participar deberás facer un grupo de 2 persoas, realizar un vídeo que dure entre 1 e 3 minutos ,  enviarllo o video a  institutoxuventude.ctb@xunta. gal  antes do  18 de febreiro ,  esperar a resolución do xurado. Elixiranse 10 videos. Sede creativos, orixinais e cuidade a calidade da imaxe e do son. O tema do vídeo é difundir a nosa comunidade autónoma. Para máis información contactade con ROSALÍA AO DÍA!!!