Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca a xornada cun obxectivo principal. É dotar ao alumnado con colñecementos para prevención de situacións de discriminación, culpabilización e/ou aporofobia que se poidan dar por mor dos prexuízos e os estereotipos cara a persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social.
Os contidos que se van a tratar:
– A discriminación colectiva e individual. Narrativas alternativas.
– Agravantes de aporofobia: caridade ou enfoque de dereitos?
– A discriminación institucional e estrutural.
– O compromiso ético do persoal do Sistema de Servizos Sociais cos dereitos das persoas.
– Diferentes colectivos, mesma discriminación. Comunicando a defensa dos dereitos sociais contra a aporofobia.
– A defensa das vítimas do odio.
– Procura de solución aos diversos tipos de discriminacións.
Persoas destinatarias: persoas interesadas en xeral.
Desenvolvemento.
Data: xoves, 20 de febreiro de 2020.
Horario: de mañá e tarde.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
Duración: 8 horas lectivas.
Número de prazas: limitado pola capacidade do local.
O prazo para a inscrición estará aberto desde o día 7 ata o día 18 de febreiro de 2020.
As solicitudes de participación só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula https://egap.xunta.gal/matricula/login.php as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización.
Comentarios
Publicar un comentario