VII Premios de fotografía Jalón Ángel Os traballos deberán pertencer a algún dos seguintes xéneros: 1. Retrato: espontáneo ou pousado, o protagonista da imaxe pode ser unha soa persoa ou varias (retrato de grupo). 2. Viaxes: fotografías que mostren as particularidades culturais e as tradicións dun país (inclúe paisaxes urbanas ou naturais, pero non se centrarán na figura humana como elemento único ou principal). 3. Consecuencias da covid-19: Esta categoría quere reflectir as consecuencias humanas e sociais que causou a pandemia mundial ocasionada pola covid-19. O prazo para a recepción das obras será o domingo 16 de maio de 2021 ata as 23.59 horas (hora española na península). As persoas gañadoras dos premios , así como a data do acto oficial de entrega destes, daranse a coñecer o día 29 de xuño de 2021 a través da web do Arquivo Jalón Angel (http://www.jalonangel.com) e das súas redes sociais. Para máis info sobre as bases dos premios consulta a seguinte ligazón: http://www.jalonan
III CONCURSO NACIONAL DE POESÍA Poden participar todos aqueles poetas que se atopan entre os 6 e 18 anos, que cursen 1º de EP a 2º de bacharelato en calquera centro público ou privado de España. O tema dos textos é libre, todas as obras deben estar escritas en verso e en castelán. Categorías: Categoría A: Primeiro e Segundo de EP Categoría B: Terceiro e Cuarto de EP Categoría C: Quinto e Sexto de EP Categoría D: Primeiro e Segundo de ESO Categoría E: Terceiro e Cuarto de ESO Categoría F: Bacharelato. Para máis información copia estes dous ligazóns: https://cve.edu.es/PDFs/alasdepapel/Bases_del_concurso_de_Poesia_ALAS_DE_PAPEL.p df http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/20384-as-de-papel . Anímate e participa!
E ti, como controlas? A Fundación Esplai convoca o concurso de guións de curtos sociais. Fases: Inscríbete no formulario web. Recibirás materiais sobre como elaborar un guion. Envía o teu guión. Se o teu guión está entre os elixidos como gañadores, contarás coa axuda de persoal profesional para gravalo. Visionaranse os vídeo-anuncios dos guións gañadores no Festival “Mocidade Comprometida Film Festival”. Requisitos: Poden participar persoas mozas de 15 a 18 anos. Concurso de ámbito nacional. Deberase participar en grupo. Podes participar con máis dun guión, os cales deben ser de autoría propia (é dicir, orixinais). Os guións non poden estar escritos e/ou editados por profesionais. Prazo: ata o 18 de marzo de 2021 Para máis información: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/20504-e-ti-como-controlas E TI QUERES SER UN GAÑADOR/A?
Comentarios
Publicar un comentario