PREMIO A PROXECTO DE WEBSERIE EN GALEGO CARBALLO INTERPLAY 2021
PREMIO A PROXECTO DE WEBSERIE EN GALEGO CARBALLO INTERPLAY 2021
O Festival Carballo Interplay, na súa 8ª edición, convoca o premio a proxectos de webserie en galego, que ten por
obxectivo a incentivación e o fomento da creación e a difusión de contidos audiovisuais
orixinais en lingua galega en internet.
Os proxectos presentados a este premio deben estar referidos á creación
de contidos audiovisuais que han reunir as seguintes características básicas:
– Deben ser creacións audiovisuais propias e orixinais.
– Poden ser de imaxe real, animación, stop motion, técnica combinada, etc.
– As creacións audiovisuais deben estar pensadas para seren publicadas e as
difundida través de internet e mediante capítulos, episodios ou partes (como mínimo tres).
– Non hai ningún tipo de restrición de temática, xénero, estilo, nin persoas destinatarias,
sempre que non conteñan ningún tipo de contido ofensivo contra ninguén.
– Deben ser gravadas orixinalmente en galego e esta debe ser a lingua do seu título e
créditos.
Lugar e data: Carballo do 8 ao 11 de setembro de 2021.
Premio: 3.000 € e deberá destinarse exclusivamente á produción de, polo menos,
tres vídeos da webserie do proxecto premiado.
Prazo: aberto ata o 31 de xullo de 2021
Máis info:
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/20400-premio-a-proxecto-de-webserie-en-galego-carballo-interplay-2021
A QUÉ ESTÁS ESPERANDO?
Comentarios
Publicar un comentario