Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2019

BOLSAS DE AXUDAS

Imaxe
O Ministerio de Educación e Ciencia convoca 14.000 axudas para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Requisitos: Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2019 e que obtivesen a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, outros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior nalgunha das seguintes convocatorias: Curso 2016-2017, convocadas no BOE do 11 de agosto de 2016, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios. Curso 2017-2018, convocadas no BOE do 3 de agosto de 2017, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios. Dotación: A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso con excepción de 100 euros en concepto de reserva de praza e dos gastos de desprazamento á sede do curso que lle sexa asignado que serán de conta do participante

XERACIÓNS, A CONVOCATORIA DIRIXIDA A ARTISTAS EMERXENTES

Imaxe
Chega unha nova edición de Xeracións, a convocatoria dirixida a artistas emerxentes. Se tes un proxecto de calquera manifestación artística, plástica ou visual esperando a facerse realidade, podes envialo ata o 22 de abril. Os participantes inscribiranse a través de www.lacasaencendida.es  Deberán encher un formulario e achegar a seguinte documentación: un CV e DNI ou tarxeta de residencia en formato pdf, un resumo do proxecto que presentan (máximo 1500 caracteres, espazos incluídos) xunto con material gráfico da parte do proxecto plástico ou visual que xa este producida e calquera tipo de debuxo, esquema, ilustración se non o está, tal e como se solicita na Web. A organización admitirá nesta convocatoria todo tipo de traballos visuais sen limitacións artísticas nin técnicas. Os artistas cuxos traballos sexan seleccionados obterán unha dotación de 10.000 euros cada un. Seleccionaranse ata 8 proxectos artísticos. PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTAR CON ROSALÍA AO DÍA!!!!