Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021 O IES Arcebispo Xelmírez I convoca o Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021. Este concurso ábrese á participación de estudantes de Bacharelato de toda Galicia. Tema libre e único, pero preferiranse traballos de imaxinación crítica, na liña da esencia do premio, aos de carácter erudito ou estritamente científico. Deben ser orixinais e inéditos, e a evidencia dun plaxio, total ou parcial, suporá descualificación do concursante. Cada participante presentará un único traballo, en lingua galega, cunha extensión non inferior a catro páxinas Din A4 e non superior a doce páxinas Din A4, e formato: letra Times New Roman ou Arial, tamaño 12, espazo de entreliñado 1’5. Prazo de admisión aberto ata o 30 de xuño de 2021. Presentación dos traballos A través de correo postal, presentaranse nun sobre pechado no que se fará constar o título do texto e o pseudónimo elixido polo concursante: - Un exempl...