A BANDA DA LOBA. INTEMPÉRIOME
A BANDA DA LOBA. INTEMPÉRIOME
A Banda da Loba homenaxea a Xela Arias cun novo videoclip no marco da programación das Letras Galegas da Xunta de Galicia.
A peza Intempériome é o videoclip dunha canción que fala de deixar atrás os prexuízos e os estereotipos e afondar na persoa que queremos ser, con liberdade e respaldada pola rede dos afectos. Unha idea que quixeron representar neste vídeo a través da evolución dunha muller que, co que vai aprendendo co paso dos anos, adquire as ferramentas necesarias para avanzar e coidarse a medida que se fai máis vella.
Intempériome vídeoclip: https://www.youtube.com/watch?v=qdQb_pBjxIc
Comentarios
Publicar un comentario