Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2021

Referentes femininos na ciencia

Imaxe
Referentes femininos na ciencia dende a USC Vigo no Campus de Ourense👩👩👩 Dende o Campus de Ourense queren espertar nos rapaces e nas rapazas un interese polos referentes femininos ao longo de 14 videos onde as profesoras e investigadores do Campus de Ourense cóntanche que ten aportado estas investigadoras ao seus campos de estudo 👀👀 Aquí che achegamos o link para máis información 👇👇👇 https://exxperimentaenfeminino.webs.uvigo.es/exposicion-virtual_gal/ Non te esquezas de realizar o formulario de avaliación dispoñible na páxina!!

Bolsas Europa!

Imaxe
 Bolsas Europa! A Universidade Francisco de Vitoria e Banco Santander convocan a XVII edición das Bolsas Europa, creado co fin de potenciar e recoñecer o talento da xente nova.   Seleccionarase aos 50 mellores alumnos preuniversitarios de España para compartir con eles unha viaxe de 20 días ao redor de Europa , visitando as principais universidades e participando nun programa de conferencias, encontros con personalidades do mundo académico, político e cultural e participando en actividades culturais e de lecer. Requisitos: Alumnado matriculado en 1º de Bacharelato nun centro escolar de España. Entre as calidades que se buscan para ser elixido/a é a capacidade de relacionarse coa contorna, a intelixencia e a excelencia. Proceso de selección: - A primeira fase de selección consiste nun formulario que o candidato deberá cumprimentar ao realizar a inscrición. 📝 - A segunda fase de selección terá lugar en xuño de 2021. Nela participarán os 800 seleccionados da etapa anterior. Esta pro

Certame Literario Gerardo Rovira!

Imaxe
  Certame Literario Gerardo Rovira! Está convocado polo IES Gabriel e Galán de Plasencia .Este certame está dirixido para os alumnos da ESO de TODA España. 👀 Os requisitos para participar son: - As obras poderán presentarse nas modalidades de prosa e verso. - O tema sera libre, cada persoa so podera presentar unha obra por modalidade . - As obras deberán presentarse físicamente por triplicado  baixo un seudónimo. 📝O prazo está aberto ata 25 de Marzo de 2021. Máis información nos seguintes enlaces ↓ http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/20140-certame-literario-gerardo-rovira   https://iesgabrielgalanp.educarex.es/index.php/departamentos/lengua-y-literatura/actividades/520-xlii-concurso-literario-gerardo-rovira-2

Chave 365 para a mocidade galega

Imaxe
  Chave 365 para a mocidade galega   Xa podes solicitar de forma presencial a chave 365!!!!✋✋✋ Para que serve? 👂 Con esta chave podes xestionar solicitudes, axudas ou expedientes sen necesidade do certificado dixital ou o DNI electrónico. Como podo identificarme? 👂 A identificación faise co DNI e cun código que recibes no teu teléfono móbil. O nde podo solicitar a Chave 365? 👂 Onde podes solicitar a Chave 365?  A solicitude da chave podes facela presencialmente nos  Espazos Xove  que están situados nas seguintes localidades:  Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Lalín, Tui, Vilagarcía, Ourense, Chantada, Vilalba e Viveiro. Tamén se pode obter no  Centro Coordinador de Información Xuvenil , en Santiago de Compostela ou no  Servizo de Xuventude e Voluntariado  de Vigo. Máis información no seguinte link 👉👉👉👉 https://www.xunta.gal/chave365/solicitude Achegamosche un video explicativo para solucionar todas as túas posibles dúbidas 👌👌👌 https://www.instagram.com/p/CKTpeEGj

Novidades do carne xove!

Imaxe
 Novidades do Carné Xove! Informamosche de que xa están vixentes as novidades relativas ao Carné Xove!👀 En primeiro lugar: O Carné Xove será  enviado de xeito gratuito ao domicilio do 100% das mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos. Trátase dunha das novidades do novo carné e que beneficiará ao total das 400.000 rapazas e rapaces galegos. Outra das novidades é que se suprimirán as taxas para a súa renovación, que actualmente son de seis euros. A súa vixencia pasará a ser indefinida, en lugar de caducar cada dous anos, de xeito que o carné será válido ata que o seu titular cumpra os 30 anos 👋👋👋 Podes atopar máis información na páxina web da Xunta de Galicia na consellería de política social.  Achegamosche o link.                                                    👇👇👇👇👇            https://politicasocial.xunta.gal/gl/conselleria/novas/nova?id=nova_estandar53973.html

ABAU 2021!

Imaxe
                       ¡ABAU 2021! Temos as datas provisionais dos exames da ABAU deste ano!💪 Na web da Comisión interuniversitaria de Galicia, CIUG, xa publicaron as datas provisionais das probas de acceso á universidade.😲💥 Son as seguintes:                                 Convocatorias :                                 Ordinaria: 8-9-10 xuño                                 Extraordinaria: 13-14-15 xullo   Podedes atopar máis información de interese sobre as convocatorias ou os modelos de exames  neste enlace  ❗❗ Se eres maior de 25 anos e tamén queres acceder á universidade, podes informarte de como facer a solicitude, modelos de exames ou das propias convocatorias  neste enlace  ❗❗                                 😁 ANÍMATE E SORTE!🍀