Concurso do Estatuto de Autonomía de Galicia de debuxo e redacción
escolar en Ourense

Poderán participar neste concurso os estudantes de infantil, primaria,
educación especial e ensino secundario obrigatorio, bacharelato e ciclo
medio de formación profesional, de centros de ensino xeral tanto públicos
coma concertados ou privados, da provincia de Ourense.
O prazo estará aberto ata o 15 de marzo de 2019.
Os alumnos de ensino obrigatorio, bacharelato e ciclo medio de formación
profesional deberán presentar unha redacción sobre o Estatuto de
Autonomía, cunha extensión mínima de sete folios e máxima de doce, escrita
en galego, á man ou en ordenador, por unha soa cara e a dobre espazo.
Se o traballo se fai en ordenador, o tipo e tamaño de letra será Arial 12. O
traballo literario poderá ser ampliado ou complementado con fotografías,
recortes de prensa, etcétera.
Os traballos poderán presentarse en papel ou en soporte electrónico.
os 20 mellores traballos serán premiados cun diploma, un lote de libros e
unha viaxe a Santiago de Compostela, para visitar o Parlamento de Galicia, e
realizar algunha outra actividade cultural.
PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTA CON ROSALÍA AO DÍA!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

VII Premios de fotografía Jalón Ángel

III CONCURSO NACIONAL DE POESÍA

CIENCIA-ME UN CONTO