Iniciativas locais dirixidas á xuventude.

 A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade.

a) Iniciativa local emprendedora: proxectos relacionados co emprendemento e a empregabilidade dos mozos e mozas.
b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación
xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.
c) Dinamización da información para a mocidade.
d) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da mocidade na súa comunidade e na súa contorna.
e) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos
con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
f) Dinamización da lingua galega entre a mocidade.
g) Fomento da participación e o empoderamento das mulleres novas galegas.
h) Conservación e posta en valor do ambiente e do patrimonio cultural e natural.
i) Desenvolvemento e dinamización do medio rural.
j) Creación de espazos para a comunicación e novas tecnoloxías.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

VII Premios de fotografía Jalón Ángel

III CONCURSO NACIONAL DE POESÍA

CIENCIA-ME UN CONTO