Aquí ofrecemos información para a xuventude galega sobre os seus ámbitos de interese. Non te perderás nada!
Para non perderse na ABAU...
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Se estás estudando 2º de bacharelato e queres acceder á universidade, en xuventude podes informarte sobre Avaliación de Bacharelato para o Acceso ás ensinanzas Universitarias (ABAU).
No curso 2018/2019 realizaranse dúas convocatorias desta proba que serían en:
Xuño: mércores 12, xoves 13 e venres 14
Xullo: mércores 10, xoves 11 e venres 12
Para máis información contactade con ROSALÍA AO DÍA
Benvidos ao blog dos Correspondentes Xuvenís do Instituto IES Rosalía de Castro, formado polo alumnado de 1º de Animación Sociocultural e Turística. Aquí poderás encontrar todo tipo de información de interese: proxectos nos que poder participar, actividades, información sobre centros, oportunidades etc. Síguenos nas nosas redes! Instagram: rosaliaaodia Twitter: @rosaliaodia
2º Concurso de redacción xornalística A revista National Geographic España e RBA Libros anuncian a segunda edición do Concurso de Redacción Xornalística en que mozas/os de entre 14 e 18 anos deberán escribir un editorial xornalístico expoñendo os retos aos que se enfrontan os océanos e expoñendo solucións. Coincidindo co inicio da Década das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible 2021-2030, proclamada pola ONU, chaman a estudantes de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato matriculados en calquera centro do territorio español a escribir de forma individual un editorial entre 400 e 500 palabras que reflicta a importancia dos océanos na nosa vida e inspire á conservación do maior ecosistema do planeta. É importante que se sigan as normas dos editoriais e por tanto escribir un texto argumentativo baseado en feitos, que analice os retos aos que se enfrontan os océanos e propoña solucións. O concurso terá dúas categorías: Explorador 1 e Explorador 2, seg...
IX CERTAME DE BANDA DESEÑADA AX1 Participación - A lumnado de entre 12 e 15 anos. - Alumnado de 16 anos en diante. Temática: O tema será de libre elección. Formato : único traballo, mínima extensión 2 páxinas e máximo 10 páxinas .DIN-A4 Autoría: Individual ou colectiva Prazo de presentación de traballos : 30/06/2021 Premios: 1º premio: 500 € 2º premio: 200 € ANÍMATE, AÍNDA PODES GAÑAR!
Comentarios
Publicar un comentario