PREMIO INTERNACIONAL DE ARTE FMJJ/2019
A Fundación María José Jove convoca o Premio Internacional de Arte, para o fomento e difusión das artes plásticas.
Trátase da sétima edición dun certame bienal de ámbito internacional, no que poden participar persoas de ata 40 anos.
O premio contribúe ao fomento e a difusión das artes plásticas e ofrece total liberdade en canto a temáticas e disciplinas de presentación. Existen uns formatos mínimos de 60 cm. e máximo de 250 cm.
O premio está dotado con 21.000 euros:
12.000 euros para a obra gañadora, que pasará a formar parte da Colección de arte Fundación María José Jove
9.000 euros para a adquisición doutras que se presenten ao certame.
Ademais, nesta ocasión editarase unha monografía que analizará a traxectoria e obra do artista galardoado.
Prazo: 15 de abril de 2019
Para máis información contactar con Rosalía oa Día.
Comentarios
Publicar un comentario