XXI EDICIÓN DO CERTAME FOTOGRÁFICO XOSÉ MANUEL EIRÍS
XXI Edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís
Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras. As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre.
Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes.
As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames.
As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo. Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm)
Cada fotografía deberá vir acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.
Premios:
Primeiro premio: 1.500 € e diploma.
Segundo premio: 750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.
Premio Especial Carballo á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma (as obras presentadas ao Premio Especial Carballo tamén optarán ao resto de premios).
O xurado poderá conceder accésits por un importe total de 300 €.
O prazo de presentación de fotografías estará aberto ata o 25 de marzo de 2019.
Para máis información contacta con ROSALÍA AO DÍA
Comentarios
Publicar un comentario