GAME JAM PARA REALIZAR UN VIDEOXOGO DA MOSTRA AFONSO X E GALICIA Game jam para realizar un videoxogo a partir da mostra “Afonso X e Galicia” visitable na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. Tema da jam A Idade Media, as Cantigas de Santa María coas súas innumerables historias e ilustracións, Afonso X e Galicia. Axenda: Martes 9 de marzo (Comezo) 22 de marzo ás 13:00 – Peche do prazo de envío 30 de marzo – declaración do equipo gañador. 6 de abril – Entrega do premio. Premio: Un único premio consistente en 250 euros. Para máis información: https://itch.io/jam/afonso-x-e-galicia Mostra Alfonso X e Galicia: http://consellodacultura.gal/exposicions/axg/
Benvidos ao blog dos Correspondentes Xuvenís do Instituto IES Rosalía de Castro, formado polo alumnado de 1º de Animación Sociocultural e Turística. Aquí poderás encontrar todo tipo de información de interese: proxectos nos que poder participar, actividades, información sobre centros, oportunidades etc. Síguenos nas nosas redes! Instagram: rosaliaaodia Twitter: @rosaliaodia
3º certame de recollida de imaxes do patrimonio inmaterial galaico portugués: Categorías: 1ª categoría: alumnado de infantil e primaria. 2ª caegoría: alumnado da ESO, Bacharelato e ciclos formativos. Imaxes de calquera aspeto relacionado co patrimonio cultural inmaterial e estar tomadas en datas anteriores a 1970. Premios da 1ª e da 2ª categoría: 1º premio: un ordenador portátil para a familia remitente da fotografía. 2º premio: unha tablet 3º premio: un cámara fotográfica compacta Máis info: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18613-iii-edicion-do-certame-de-recolla-das-imaxes-do-patrimonio-cultural-inmaterial-galego-portugues
Comentarios
Publicar un comentario