Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación


A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca a xornada cun obxectivo principal. É dotar ao alumnado con colñecementos para prevención de situacións de discriminación, culpabilización e/ou aporofobia que se poidan dar por mor dos prexuízos e os estereotipos cara a persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social.

Os contidos que se van a tratar:
– A discriminación colectiva e individual. Narrativas alternativas.
– Agravantes de aporofobia: caridade ou enfoque de dereitos?
– A discriminación institucional e estrutural.
– O compromiso ético do persoal do Sistema de Servizos Sociais cos dereitos das persoas.
– Diferentes colectivos, mesma discriminación. Comunicando a defensa dos dereitos sociais contra a aporofobia.
– A defensa das vítimas do odio.
– Procura de solución aos diversos tipos de discriminacións.

Persoas destinatarias:  persoas interesadas en xeral.

Desenvolvemento.
Data: xoves, 20 de febreiro de 2020.
Horario: de mañá e tarde.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela. 
Duración: 8 horas lectivas.
Número de prazas: limitado pola capacidade do local.

prazo para a inscrición estará aberto desde o día 7 ata o día 18 de febreiro de 2020.


As solicitudes de participación só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula https://egap.xunta.gal/matricula/login.php as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

VII Premios de fotografía Jalón Ángel

III CONCURSO NACIONAL DE POESÍA

CIENCIA-ME UN CONTO