Día europeo da información xuvenil
Un minuto de información xuvenil.
O 17 de abril conmemórase, coma todos os anos, o Día Europeo da Información Xuvenil. Aínda que nestes momentos atravesamos unha crise sanitaria provocada polo Covid-19 que nos impide realizar unha programación física, desde a Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social gustaríanos celebrar este efeméride e facelo de xeito virtual, da man dos diferentes correspondentes xuvenís e universitarios.
Deste xeito, e co obxectivo de visibilizar esta celebración, así como de destacar a importancia da información xuvenil para os mozos e mozas, lanzamos a campaña “Un minuto de información xuvenil”, coa que animamos aos correspondentes a enviar un vídeo no que, en menos dun minuto, resuman o que significa para eles a información xuvenil, así como o que están facendo neste ámbito durante esta situación de confinamento.
Os vídeos poderanse enviar ao enderezo electrónico:informacion.xuventude@xunta.gal e serán colgados na conta de Instagram da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado @xuventudegalicia o 17 de abril.
Obxectivos:
A promoción da información xuvenil entre a mocidade galega.
Dar a coñecer o traballo que desenvolven os correspondentes xuvenís.
Fomentar o coñecemento mutuo entre a mocidade a través das actuacións que fan os diferentes mozos/as, fomentando a aprendizaxe mutua, e o coñecemento doutros puntos de vista.
Poñer en valor a importancia da información como medio para acceder aos recursos, programas e actividades, garantindo deste xeito a igualdade de oportunidades.
Quen pode presentarse?
Todas e todos os correspondentes xuvenís e universitarios de Galicia.
Como participar?
Os interesados e as interesadas deberán presentar un vídeo en formato horizontalcunha duración máxima dun minuto, a través do cal se comente ou mostre o que supón a información xuvenil, o que aporta, ou o que significa tamén nesta situación.
Exemplos (prégase non copialos, só están como guía):
A experiencia como correspondente permitiume poder coñecer programas de interese e desfrutalos cos meus amigos.
Participar nos encontros de correspondentes xuvenís axudoume a facer novas amizades e entender a importancia de saber comunicar.
Nestas semanas desde a casa estiven traballando nun blog para difundir a información de interese para a mocidade.
Prazos:
Os interesados deberán enviar o vídeo antes do día 14 de abril ás 10 horas, co obxecto de publicalos o día 17 de abril con motivo do DíaEuropeo da Información Xuvenil, ao seguinte enderezo electrónico:informacion.xuventude@xunta.gal
Comentarios
Publicar un comentario