ARTE NA AULA. PROPOSTAS DIDÁCTICAS SOBRE ARTISTAS CONTEMPORÁNEOS. CURSO EN LIÑA

 

ARTE NA AULA. PROPOSTAS DIDÁCTICAS SOBRE ARTISTAS CONTEMPORÁNEOS. CURSO EN LIÑA

Será un curso práctico e participativo no que nos achegaremos a diferentes artistas contemporáneos, aproximarémonos aos procesos creativos e exploraremos recursos didácticos.


Datas: do 12 abril ao 20 de novembro 2021


Persoas destinatarias:  Docentes de educación formal (Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato, Ciclos Formativos ou Graos de Educación). Estudantes de graos relacionados coa arte e a educación. Educadores artísticos e persoas interesadas na didáctica da plástica.

Prazo de inscrición:  do 15 ao 28 de febreiro de 2021.

As persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.gal no que deberán indicar o seu nome, apelidos, DNI, estudos, área de traballo ou interese, unha dirección de correo electrónico e un teléfono de contacto. Cada solicitante recibirá un correo electrónico de confirmación.

Prazas:  15 persoas.

Para máis información copia estes dous ligazóns: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/20416-arte-na-aula-propostas-didacticas-sobre-artistas-contemporaneos-curso-en-lina http://cgac.xunta.gal/GL/actividad-detalle/253/artenaula_gl 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

VII Premios de fotografía Jalón Ángel

III CONCURSO NACIONAL DE POESÍA

CIENCIA-ME UN CONTO