PREMIO A PROXECTO DE WEBSERIE EN GALEGO CARBALLO INTERPLAY 2021

 

PREMIO A PROXECTO DE WEBSERIE EN GALEGO CARBALLO INTERPLAY 2021

O Festival Carballo Interplay, na súa edición, convoca o premio a proxectos de webserie en galego, que ten por

obxectivo a incentivación e o fomento da creación e a difusión de contidos audiovisuais

orixinais en lingua galega en internet. 


Os proxectos presentados a este premio deben estar referidos á creación

de contidos audiovisuais que han reunir as seguintes características básicas:

– Deben ser creacións audiovisuais propias e orixinais.

– Poden ser de imaxe real, animación, stop motion, técnica combinada, etc.

– As creacións audiovisuais deben estar pensadas para seren publicadas e as

difundida través de internet e mediante capítulos, episodios ou partes (como mínimo tres).

– Non hai ningún tipo de restrición de temática, xénero, estilo, nin persoas destinatarias,

sempre que non conteñan ningún tipo de contido ofensivo contra ninguén.

– Deben ser gravadas orixinalmente en galego e esta debe ser a lingua do seu título e

créditos. 


  • Lugar e data: Carballo do 8 ao 11 de setembro de 2021. 

  • Premio: 3.000 € e deberá destinarse exclusivamente á produción de, polo menos,

  • tres vídeos da webserie do proxecto premiado. 

  • Prazo: aberto ata o 31 de xullo de 2021


 Máis info: 

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/20400-premio-a-proxecto-de-webserie-en-galego-carballo-interplay-2021

A QUÉ ESTÁS ESPERANDO?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

VII Premios de fotografía Jalón Ángel

III CONCURSO NACIONAL DE POESÍA

CIENCIA-ME UN CONTO