PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR




PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS

DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR


A Consellería de Educación convoca probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.


Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non posúan o título de graduado en ESO nin un título profesional básico e teñan 17 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

 

O prazo de presentación de solicitudes será entre os días 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

 

As solicitudes están en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312C.

As solicitudes presentaranse en calquera centro docente público da Consellería de Educación que imparta ciclos formativos de formación profesional.


Para máis información copia estes dous ligazóns:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/20379-probas-de-acceso-aos-ciclos-formativos-de-grao-medio-e-de-grao-superior 

http://xuventude.xunta.es/ensino-e-bolsas 


!!!!!!!!!!!!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

VII Premios de fotografía Jalón Ángel

III CONCURSO NACIONAL DE POESÍA

CIENCIA-ME UN CONTO