APRENDER CHINÉS EN CHINA
APRENDER CHINÉS EN CHINA
A Oficina Económica e Cultural de Taipei en España convoca as Bolsas Huayu para cursar estudos de chinés mandarín, un total de 16 bolsas. As bolsas teñen unha duración mínima de 6 meses e unha duración máxima 1 ano na República de China (Taiwan), comezan a partir do 1 de setembro de 2021.
Requisitos:
Persoas maiores de 18 anos
nivel educativo mínimo de bacharelato
Nacionalidade española.
Prazo: 31 de Marzo de 2021.
Para máis información, sobre a contía e os tipos de bolsas:
https://www.roc-taiwan.org/es_es/post/20800.html
Comentarios
Publicar un comentario