FORMACIÓN PARA A MOCIDADE

 Formación para á mocidade


FORMACIÓN PARA A MOCIDADE


A Cámara de Comercio da Coruña abriu o prazo de solicitudes para participar nos 125 cursos de formación que deseñou para complementar a formación da mocidade ao longo do primeiro semestre de 2021. Boa parte dos ditos cursos son iniciativas para facer avanzar á xuventude en empregabilidade e capacitación tecnolóxica.  En primeiro lugar, a entidade programou 112 cursos, subvencionados ao cen por cen, que se impartirán nas modalidades online e presencial e que están dirixidos a mozos e mozas inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e no Programa Integrado de Cualificación e Emprego (PICE) da Cámara.

Todas as actividades previstas inclúen formación orientada á procura de emprego, como participar en procesos de selección, mellorar as habilidades persoais e sociais e a utilización de Internet.

Para máis información, os interesados poden contactar coa Cámara no correo electrónico formacion@camaracoruna.com, chamando ao 981 21 60 72 o en http://www.camaracoruna.com/web/camara/masnoticias


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ola!

SORTEO CARNÉ XOVE

Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021