MANEXO DE EMBARCACIÓNS DE LECER E MOTOS NÁUTICAS

 


MANEXO DE EMBARCACIÓNS DE LECER E MOTOS NÁUTICAS


O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas.


Para obter calquera das outras titulacións náuticas de lecer os/as interesados/as deberán ter cumpridos os 18 anos de idade no momento en que se realicen as probas para a obtención destes títulos.


A inscrición pode facerse en https://sede.xunta.es co procedemento PE616D para os exames extraordinarios e co procedemento PE616C para os exames ordinarios teóricos e prácticos.


Prazos para os exames extraordinarios teóricos:


Convocatoria de abril de 2021. Matrícula: do 5 ao 16 de marzo, ambos inclusive.


Convocatoria de decembro de 2021. Matrícula: do 25 de outubro ao 8 de novembro, ambos inclusive.


Prazos para os exames ordinarios teóricos e prácticos:


Convocatoria de maio de 2021. Matrícula: do 5 ao 16 de abril, ambos inclusive.

Convocatoria de setembro de 2021. Matrícula: do 12 ao 23 de xullo, ambos inclusive.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ola!

SORTEO CARNÉ XOVE

Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021