PODCAST EN GALEGO “XOSÉ MOSQUERA PÉREZ, O VELLO DOS CONTOS”

 Podcasts en galego "Xosé Mosquera Pérez, O vello dos contos"


PODCAST EN GALEGO “XOSÉ MOSQUERA PÉREZ, O VELLO DOS CONTOS”


O IES Rosalía de Castro de Santiago e Arraianos Producións, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e doutras entidades, convocan a terceira edición dos Premios de Podcasts en galego O vello dos contos.

Poderá concorrer a estes premios o alumnado de 10 a 18 anos dos centros de ensino de educación primaria e de secundaria de Galicia e do norte de Portugal, así como doutros centros de ensino non universitario e dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral fóra de Galicia. 

Aceptaranse podscasts orixinais e inéditos de un máximo de 3 minutos de duración relacionados coa vida e a obra de Xela Arias e outros aspectos relacionados co patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia.

A solicitude de participación formalizaraa o director ou directora do centro educativo antes do día 4 de marzo de 2021, mediante un correo electrónico enviado ao seguinte enderezo: certameradiofonico@iesrosaliadecastro.org (no asunto indicarase “Premio Xosé Mosquera Pérez” e o nome do centro).

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 17 de maio de 2021.

Para máis información:

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0121/iii-premios-empodcastsem-galego-xose-mosquera-perez-vello-dos-contos

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/20464-podcasts-en-galego-xose-mosquera-perez-o-vello-dos-contos


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ola!

SORTEO CARNÉ XOVE

Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021