TALLERES EXPERIMENTAIS DA ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA. MIES É +

 Talleres experimentais de arquitectura contemporánea. MIES É +


TALLERES EXPERIMENTAIS DA ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA. MIES É +

O CGAC presenta a sexta edición deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea para o público infantil.

O proxecto educativo baséase tanto na xeración de didácticas como no deseño de recursos a partir de todo tipo de materiais (madeiras, membranas, escumas, arxilas, combinados sintéticos, etc.) e exploracións no mundo inmaterial. A dinámica proposta fomenta a reflexión e a creatividade individual, así como o traballo en equipo a través do xogo e a construción a grande escala.

Inscrición 

  • Todos os talleres son gratuítos.

  •  As persoas interesadas poderán inscribirse, dentro dos prazos establecidos, a través do correo electrónico cgac.educacion@xunta.gal indicando os seguintes datos: nome completo e idade dos participantes, número de teléfono e enderezo de correo electrónico de contacto, e nome do taller ao que desexan asistir. 

  • Poderase inscribir un máximo de dous participantes mediante cada solicitude.

  • As prazas cubriranse por orde de inscrición. 

  • As persoas solicitantes recibirán unha notificación por correo electrónico.


Para máis información sobre datas e demais cousas:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/20452-talleres-experimentais-de-arquitectura-contemporanea-mies-e 



ANÍMATE!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ola!

SORTEO CARNÉ XOVE

Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021