TESOUROS VIVOS

 


TESOUROS VIVOS

A UNESCO chamalle "tesouros vivos" as testemuñas de vida relevantes, portadoras de saberes para a comunidade en perigo de desaparecer e que posúen coñecementos e técnicas precisas para interpretar ou recrear determinados elementos do patrimonio cultural inmaterial.

 Unha serie documental de 5 capítulos con cadansúa entrevista a unha persoa significativa en relación ao territorio e ao patrimonio cultural inmaterial galego, co fin de darnos a coñecer de primeira man a historia e a cultura da nosa contorna. Cada audiovisual vai acompañado dunha proposta que persegue facilitar o labor de traballadoras e traballadores do ámbito cultural.

Ana López

Ana López preséntanos o oficio de polbeira e cóntanos anécdotas e experiencias das feiras ás que acudiu para desenvolvelo.

https://www.youtube.com/watch?v=-qzjejO0l7o&feature=emb_title

Celso Fernández Sanmartín

O contador Celso Fernández Sanmartín fálanos do seu oficio e da importancia da familia de da veciñanza como fonte de historias.

https://www.youtube.com/watch?v=ie_ZJ2OcF_g&feature=emb_title

Esther Teixeiro

Esther Teixeiro explícanos como era a viticultura e a produción de viño na Ribeira Sacra. Moito traballo, pero tamén momentos de diversión...

https://www.youtube.com/watch?v=6zar-azZsoY&feature=emb_title

Josefina Pereira

Da man de Josefina Pereira chégannos lendas e historias arredor do Pico Sacro e de Gundián.

https://www.youtube.com/watch?v=f40ucvUixMI&feature=emb_title

Amparo Montenegro

Desde San Vitoiro (Quiroga), Amparo Montenegro fala do Meco e das pampórnigas na romaxe dos Remedios.

https://www.youtube.com/watch?v=gCsHu2YiSsA&feature=emb_title

Para máis información: https://www.proxectotesourosvivos.gal/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ola!

SORTEO CARNÉ XOVE

Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021