VII Premios de fotografía Jalón Ángel
Os traballos deberán pertencer a algún dos seguintes xéneros:
1. Retrato: espontáneo ou pousado, o protagonista da imaxe pode ser unha soa persoa ou varias (retrato de grupo).
2. Viaxes: fotografías que mostren as particularidades culturais e as tradicións dun país (inclúe paisaxes urbanas ou naturais, pero non se centrarán na figura humana como elemento único ou principal).
3. Consecuencias da covid-19: Esta categoría quere reflectir as consecuencias humanas e sociais que causou a pandemia mundial ocasionada pola covid-19.
O prazo para a recepción das obras será o domingo 16 de maio de 2021 ata as 23.59 horas (hora española na península).
As persoas gañadoras dos premios, así como a data do acto oficial de entrega destes, daranse a coñecer o día 29 de xuño de 2021 a través da web do Arquivo Jalón Angel (http://www.jalonangel.com) e das súas redes sociais.
Para máis info sobre as bases dos premios consulta a seguinte ligazón: http://www.jalonangel.com/premio.
A QUÉ ESPERAS? CORRE!
Comentarios
Publicar un comentario