XIV Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados

 

XIV Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados


O Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka convoca o XIV premio internacional Compostela para álbums ilustrados.


Poderán optar ao premio todas as obras que se poidan Incluír na categoría de álbum ilustrado: un libro no que o relato se conta a través de imaxes, ou de imaxes e textos, de tal maneira que ambos os dous se complementen.


  • As obras poden presentarse en calquera das linguas oficiais peninsulares e serán orixinais e inéditas.

  • Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato, pero a extensión non poderá superarar as 40 páxinas interiores.


Os/as autores/as que opten ao premio deberán presentar:

  • Cinco copias do texto. 

  • Tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en cor de cada unha delas.

  • Unha maqueta acabada do proxecto que se presenta. 

  • Nas obras non deberá figurar o nome dos/as autores/as senón un lema oU pseudónimo. Os datos persoais dos e das participantes achegaranse nun sobre pechado indicando no exterior o título da obra e o lema ou pseudónimo,e no seu interior, o nome ou nomes completos, enderezo postal, teléfono de contacto e enderezo electrónico. Dentro do sobre tamén se incluirán unha fotocopia do DNI ou pasaporte así como unha breve recensión biográfica. 

O prazo para presentar as obras estará aberto ata o 14 de maio de 2021. 

O premio é de 9000 € e a publicación da obra en tódalas linguas peninsulares no mes de novembro de 2021. 

Máis información en www.kalandraka.com e no BOP da Coruña do 4 de marzo de 2021.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

VII Premios de fotografía Jalón Ángel

III CONCURSO NACIONAL DE POESÍA

E ti, como controlas?