XUVENTUDE CREA, EXPOSICIÓN DOS GRAFFITIS PREMIADOS

 


XUVENTUDE CREA, EXPOSICIÓN DOS GRAFFITIS PREMIADOS


A Direción Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado realiza unha exposición na biblioteca pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela con seis obras premiadas e finalistas no Xuventude Crea 2020 na especialidade de graffiti.  Poderanse ver ata o día 31 de marzo no horario de apertura da biblioteca.


En concreto, trátase dos tres graffitis premiados: ‘O raposo’, do artista coruñés Javier Caamaño; ‘Estilo en continua construción’, do vigués Adrián Lomba; e ‘Entusiasmo luminoso’, do mozo Daniel Fernández, de Baiona. Así mesmo, tamén se exporán a obra merecedora da mención de honra, ‘Escornabois’, da coruñesa Fernanda Rodríguez; e outras dúas obras finalistas: ‘Macaco’, do coruñés Ismael Pérez; e ‘Level’20’, de Daniel Abreu, de Navia.


APÚNTATE!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ola!

SORTEO CARNÉ XOVE

Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021