XVIII CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE AMES

 

XVIII CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE AMES

O Concello de Ames convoca o seu XVIII Certame Literario


Poderá concorrer a este certame calquera persoa que presente textos inéditos escritos en lingua galega. O tema é libre. Os menores de idade deben presentar os datos do que exerza como representante legal. A principal finalidade é a dinamizar o uso escrito do galego a través da expresión artística e creatividade.


En cada modalidade do certame establécense tres categorías:


1ª Categoría (ata os 13 anos)

1º premio: 200 euros

2º premio: 170 euros

3º premio: 140 euros


2ª Categoría (de 14 a 17 anos)

1º premio: 230 euros

2º premio: 200 euros

3º premio: 170 euros


3ª Categoría (18 anos ou máis)

1º premio: 300 euros

2º premio: 260 euros

3º premio: 230 euros


Para o cómputo da idade, establécese como data de referencia o 8 de abril de 2021 (día no que finaliza o prazo de entrega dos traballos participantes).


Os textos poderán remitirse ata o día 8 de abril de 2021 (incluído).

Os textos remitiranse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames. Avda. de Azcárraga, nº 5,

Bertamiráns, 15220 Ames, A Coruña.


Máis info sobre o concurso:

www.concellodeames.gal


A QUÉ ESTÁS ESPERANDO?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

VII Premios de fotografía Jalón Ángel

III CONCURSO NACIONAL DE POESÍA

E ti, como controlas?