Publicacións

CORRESPONDENTES XUVENÍS DO IES DO CAMIÑO DE PALAS DE REIS

Imaxe
  CORRESPONDENTES XUVENÍS DO IES DO CAMIÑO DE PALAS DE REIS Como cada xoves de 11:00 a 11:30, os correspondentes xuvenís do IES do Camiño de Palas de Rei difunden información nas ondas a través de Radio Palas FM. Tamén podes acceder a toda esa información na súa conta de Instagram: @iesdocaminho

COOPERATIVA XUVENIL. AXUDAS Á MOCIDADE PARA O EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL

Imaxe
  COOPERATIVA XUVENIL. AXUDAS Á MOCIDADE PARA O EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL A Consellería de Emprego e Igualdade convoca o Programa Aprol-economía social para fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais.   Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laboráis. Este programa busca fomentar a incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou en proba. Por cada mozo ou moza incorporada como persoa socia traballadora ou de traballo a proba a subvención ascenderá a 600 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses. Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia. Búscase fomentalo acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas...

AXUDAS A CONCELLOS PARA PROXECTOS DIRIXIDOS Á MOCIDADE

Imaxe
  AXUDAS A CONCELLOS PARA PROXECTOS DIRIXIDOS Á MOCIDADE A FEMP, Federación española de municipios e provincias, convoca axudas aos concellos para proxectos ou programas de actuacións dirixidos a mocidade de 16 a 35 anos, que promovan os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que inclúan actividades destinadas a: - Fomentar unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, promovendo oportunidades de aprendizaxe. - Promover a igualdade entre os xéneros e o empoderamento das mulleres. - Reducir as desigualdades, prestando especial atención ás necesidades das poboacións desfavorecidas e marxinadas. - Combater o cambio climático e os seus efectos.  O prazo de presentación de solicitudes é do 2 ao 21 de febreiro de 2021, ambos inclusive.  Para máis información: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/20377-axudas-a-concellos-para-proxectos-dirixidos-a-mocidade

CANTO PODES SUBIR A TÚA NOTA NA ABAU?

Imaxe
  CANTO PODES SUBIR A TÚA NOTA NA ABAU? Na web da CIUG xa podes consultar a taboa de ponderación na Abau 2021/2021 . Están publicados os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia. Novidade: Si non tes claro que queres estudar tes a opción dos graos abertos. Nun grao aberto durante o primeiro ano podes ir cursando materias de diferentes graos dunha mesma rama de coñecemento e, durante o segundo ano, elixir o grao que máis se adecúe ás túas preferencias. Ponderacións: https://ciug.gal/PDF/poderacions.pdf Ofertas en Galicia de graos abertos: 5USC Enxeñerias Universidade da Coruña ANÍMATE, É O MOMENTO!!!

PROBAS PARA O TÍTULO DA ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

Imaxe
  PROBAS PARA O TÍTULO DA ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS A Consellería de Eduación convoca probas para obter o título de graduado na ESO para maoires de 18 anos, nas convocatorias de maio a setembro.  Os requisitos son: Ter cumpridos os 18 anos. Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.  Non ter nin ter estadi matriculado no curso 20/21 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica. Prazos de matrícula: Convocatoria de maio : 8 de marzo ao 18 de marzo de 2021 (os dous incluídos). Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2021 (os dous incluídos). As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 21 de maio e 10 de setembro de 2021. As solicitudes poden descargarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED540A Máis información e exames de anos anteriores en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238

Bolsas Santander Languages. English Courses. British Council

Imaxe
  Bolsas Santander Languages. English Courses. British Council O Banco Santander e British Council están a lanzar un novo programa de Bolsas Santander Languages - English  Courses - British  Council: Que conta con 5.000 bolsas para que maiores de 18 anos accedan aos cursos de inglés en liña que imparte a institución educativa e cultural británica. Pode axudarche a mellorar a túa empregabilidade e ensinarache coñecementos para interactuar no mundo laboral nun futuro profesional. A duración do curso será de 3 meses. Unha vez finalizado o curso  consiguirás un certificado que o acredite. Prazo ata o 14 de abril de 2021 Para máis información prema nesta ligazón https://www.becas-santander.com/es/program/languages-english-courses-british-council   ANÍMATE!!!

Axudas á mocidade para a compra de vivenda

Imaxe
  Axudas á mocidade para a compra de vivenda                        O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas á mocidade para a adquisición de vivenda 👀👀        - Subvencións para a  adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes , que se tramitarán co código de procedemento  VI435A. - Subvencións para a adquisición de vivenda nos centros históricos, que se tramitarán co código de procedemento VI400A. As solicitudes tramitaranse preferiblemente en 👉 https://sede.xunta.gal/portada 👈cos procedementos VI435A e VI400A O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o o 1 de setembro de 2021👌 Máis información no DOG do 2 de febreiro de 2021 e en http://igvs.xunta.gal/ 💫 Podes atopar os requisitos das persoas, requisitos das  vivendas e requisitos da adquisición das vivendas  na seguinte ligazón:  👇👇👇👇 http://xuventude.xunta.es/componen...