COOPERATIVA XUVENIL. AXUDAS Á MOCIDADE PARA O EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL

 


COOPERATIVA XUVENIL. AXUDAS Á MOCIDADE PARA O EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca o Programa Aprol-economía social para fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais.

 Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laboráis.

Este programa busca fomentar a incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou en proba. Por cada mozo ou moza incorporada como persoa socia traballadora ou de traballo a proba a subvención ascenderá a 600 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses.

Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia.

Búscase fomentalo acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas.

 O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2021.

 Para máis información: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/20368-cooperativa-xuvenil-axudas-a-mocidade-para-o-emprendemento-en-economia-social


OLLO! É MOI INTERESANTE!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ola!

SORTEO CARNÉ XOVE

Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021