Publicacións

Ola!

Benvidos ao blog dos Correspondentes Xuvenís do Instituto IES Rosalía de Castro, formado polo alumnado de 1º de Animación Sociocultural e Turística. Aquí poderás encontrar todo tipo de información de interese: proxectos nos que poder participar, actividades, información sobre centros, oportunidades etc. Síguenos nas nosas redes! Instagram: rosaliaaodia Twitter: @rosaliaodia

CIENCIA-ME UN CONTO

Imaxe
  CIENCIA-ME UN CONTO Ciencia-me un Conto é un concurso de relatos científicos infantís, co obxectivo de promover a divulgación efectiva da ciencia dunha forma entretida e atractiva que sexa adecuada para os sectores máis novos da poboación. O obxectivo final do concurso é promover o espírito científico e inspirar á próxima xeración que máis adiante construirá o noso futuro. Mediante a exposición da ciencia, os seus descubrimentos, os seus métodos e anécdotas en forma de contos e relatos curtos, pretendemos axudar a promover e inspirar o espírito científico dos nenos e nenas que serán a base do noso futuro. Cada autor/para poderá presentar un único relato por categoría, a condición de que sexan inéditos e diferentes.  Dúas modalidades:  ● Categoría de relatos en castelán  ● Categoría de relatos en inglés O prazo de recepción dos relatos estará aberto ata o día 18 de abril de 2021 ás 23:59 hora de Londres.  ● Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que o desexen ● Present

Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021

Imaxe
  Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021 O IES Arcebispo Xelmírez I convoca o Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021.  Este concurso ábrese á participación de estudantes de Bacharelato de toda Galicia. Tema libre e único, pero preferiranse traballos de imaxinación crítica, na liña da esencia do premio, aos de carácter erudito ou estritamente científico. Deben ser orixinais e inéditos, e a evidencia dun plaxio, total ou parcial, suporá descualificación do concursante.  Cada participante presentará un único traballo, en lingua galega, cunha extensión non inferior a catro páxinas Din A4 e non superior a doce páxinas Din A4, e formato: letra Times New Roman ou Arial, tamaño 12, espazo de entreliñado 1’5. Prazo de admisión aberto ata o 30 de xuño de 2021.  Presentación dos traballos  A través de correo postal, presentaranse nun sobre pechado no que se fará constar o título do texto e o pseudónimo elixido polo concursante:  - Un exemplar en papel, impreso por unha

2º Concurso de redacción xornalística

Imaxe
  2º Concurso de redacción xornalística A revista National Geographic España e RBA Libros anuncian a segunda edición do Concurso de Redacción Xornalística en que mozas/os de entre 14 e 18 anos deberán escribir un editorial xornalístico expoñendo os retos aos que se enfrontan os océanos e expoñendo solucións.  Coincidindo co inicio da Década das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible 2021-2030, proclamada pola ONU, chaman a estudantes de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato matriculados en calquera centro do territorio español a escribir de forma individual un editorial entre 400 e 500 palabras que reflicta a importancia dos océanos na nosa vida e inspire á conservación do maior ecosistema do planeta.   É importante que se sigan as normas dos editoriais e por tanto escribir un texto argumentativo baseado en feitos, que analice os retos aos que se enfrontan os océanos e propoña solucións.  O concurso terá dúas categorías: Explorador 1 e Explorador 2, segundo o curso en que

‘Pictoeduca’

Imaxe
  ‘Pictoeduca’ Bótadelle unha ollada!  Para máis información, accesible en https://www.pictoeduca.com

WOMARTS, PLATAFORMAS DE CREADORAS:

Imaxe
  WOMARTS, PLATAFORMAS DE CREADORAS:  Europa Creativa procura unha presenza igualitaria das mulleres nas artes. A plataforma `womarts.net´ iniciou a súa andadura o día 8 de marzo e xa permite visualizar os perfís e traballos de moitas das creadoras que participaron nas residencias artísticas e nos obradoiros desenvolvidos no marco do proxecto. A plataforma permite visualizar a 45 creadoras de 16 países con 105 tipos de traballo artístico.  Para más información: https://womarts.net   A QUÉ ESTÁS ESPERANDO?

IX CERTAME DE BANDA DESEÑADA AX1

Imaxe
  IX CERTAME DE BANDA DESEÑADA AX1 Participación - A lumnado de entre 12 e 15 anos. - Alumnado de 16 anos en diante. Temática: O tema será de libre elección. Formato : único traballo, mínima extensión 2 páxinas e máximo 10 páxinas .DIN-A4 Autoría: Individual ou colectiva  Prazo de presentación de traballos : 30/06/2021   Premios: 1º premio: 500 € 2º premio: 200 € ANÍMATE, AÍNDA PODES GAÑAR!

A BANDA DA LOBA. INTEMPÉRIOME

Imaxe
  A BANDA DA LOBA. INTEMPÉRIOME A Banda da Loba homenaxea a Xela Arias cun novo videoclip no marco da programación das Letras Galegas da Xunta de Galicia.  A peza Intempériome é o videoclip dunha canción que fala de deixar atrás os prexuízos e os estereotipos e afondar na persoa que queremos ser, con liberdade e respaldada pola rede dos afectos. Unha idea que quixeron representar neste vídeo a través da evolución dunha muller que, co que vai aprendendo co paso dos anos, adquire as ferramentas necesarias para avanzar e coidarse a medida que se fai máis vella. Intempériome vídeoclip: https://www.youtube.com/watch?v=qdQb_pBjxIc