Concurso | Crea na casa |
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia convoca o concurso “Crea na casa” que se desenvolverá a través da rede social Instagram.
Destinatarias/os: persoas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos e seguidores de @Xuventudegalicia
Datas de realización: do 13 ao 27 de abril de 2020
O concurso estrutúrase en dúas fases:
1) Fase de presentación de propostas: do 13 ao 22 de abril
Desenvolvemento: as persoas participantes publican unha fotografía que mostre a súa creatividade na casa durante os días de confinamento (exemplos: pratos de cociña, música, danza ou calquera disciplina creativa pero plasmada a través da fotografía) no seu perfil de Instagram (no feed, non stories) mencionando a @Xuventudegalicia no pé da foto e usando o hastang #creanacasa.
2) Fase de votación: do 23 ao 27 de abril
A persoa gañadora será elidida por votación a través da aplicación EasyPromos. Para a votación facilitarase unha URL na canle @XuventudeGalicia
Premio: teléfono Xiaomi Redmi Note 8T.
Toda a información sobre o concurso no seguinte enlace: BASES LEGAIS DO CONCURSO
Comentarios
Publicar un comentario