Día Europeo da Información Xuvenil
Hoxe 17 de abril celébrase o día europeo da información xuvenil e, aínda que esta situación de crise sanitaria provocada polo COVID-19 nos impide celebralo de xeito presencial, non queremos deixar de facelo de maneira virtual.
Galicia conta con 247 oficinas municipais de información xuvenil, 890 correspondentes xuvenís en 89 centros educativos e 72 correspondentes xuvenís universitarios.
Con motivo deste día desde a Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social animouse aos equipos de correspondentes xuvenís para que participasen, desde a casa.
Como? A través dun vídeo dun minuto de duración no que comentasen o que supón para eles e elas a información xuvenil e o feito de ser correspondentes.
http://xuventude.xunta.es/
Comentarios
Publicar un comentario