ACTIVIDADES PARA A MOCIDADE SOBRE IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

 


ACTIVIDADES PARA A MOCIDADE SOBRE IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


A Secretaría Xeral da Igualdade convoca subvencións para a promoción da igualdade a través de diversos programas, entre eles o Programas de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres dirixidos á Mocidade.

Actividades subvencionables:

- Actividades dirixidas á poboación infantil e xuvenil para favorecer a coeducación e a promoción de igualdade de oportunidades que fomenten a desaparición dos roles e estereotipos de xénero, a violencia sexual ou o uso adecuado e crítico da internet e das novas tecnoloxías.

- Campañas específicas dirixidas a nenas, nenos, adolescentes e mocidade, para que interioricen a igualdade como un valor esencial para a convivencia entre mulleres e homes.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de abril de 2021

As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta co procedemento SI435C


ANÍMATE E PARTICIPA!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

VII Premios de fotografía Jalón Ángel

III CONCURSO NACIONAL DE POESÍA

CIENCIA-ME UN CONTO