BOLSAS DE IDIOMAS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 


BOLSAS DE IDIOMAS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A Fundación ONCE co fin de contribuír á igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade convoca axudas para cursos e estancias de entre 4 e 12 semanas de duración para estudar idiomas no estranxeiro.                                                                                      

As bolsas para estancias de catro semanas son de 2.000 €, mentres que as de 12 ascenden a 6.000 €.

Todas elas cobren a formación en inglés, francés ou alemán a través de cursos que deberán desenvolverse entre o 15 de febreiro e o 31 de decembro deste ano e que haberán de ter unha carga lectiva de “polo menos 20 clases semanais dun mínimo de 40 minutos cada unha”.

Para quen vai dirixido?: Mozos e mozas de 18 a 29 anos de nacionalidade española con discapacidade legalmente recoñecida de polo menos o 33% e incritos/as en Garantía Xuvenil.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2021

Para máis información: https://becas.fundaciononce.es/Paginas/BecasCursoIdiomas.aspx


!!!!!!!!!

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ola!

SORTEO CARNÉ XOVE

Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021