EUROPEAN SPACE CAMP

 


EUROPEAN SPACE CAMP

European Space Camp é un campamento de verán que terá lugar no verán de 2021, este campamento dáse de forma anual e leva a cabo no Centro Espacial Andøxa no norte de Noruega.  

O fin desta experiencia é que traballando en grupos, usedes a vosa creatividade e aprendades a cooperar, executando diferentes aspectos dunha verdadeira campaña de foguetes, incluído o lanzamento en si.  

ESC require a 24 mozos/as de idades comprendidas entre os 17 e os 20 anos (con data de nacemento entre o 1 de xaneiro de 2001 e o 31 de decembro de 2004), que estean interesados preferentemente na Física Espacial e de foguetes, e que posúan unha formación en Física e Matemáticas.

  • É necesario falar inglés de forma fluÍda e ter paixón pola ciencia.

  • Os participantes pasarán unha semana facendo experimentos técnicos relacionados cunha campaña de foguetes, aprendendo a explotar o coñecemento que xa posúen e ampliando a súa comprensión da ciencia aplicada. Tamén haberá unha serie de conferencias dalgúns dos mellores científicos e enxeñeiros de Europa sobre temas que van desde a física dos foguetes ata a aurora  boreal.

Prazo: 1 de abril de 2021

Hai algunhas bolsas de axuda de viaxe: https://spacecamp.no/scholarships/

Máis información en https://spacecamp.no/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ola!

SORTEO CARNÉ XOVE

Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021