INFORMACIÓN VS DESINFORMACIÓN
INFORMACIÓN VS DESINFORMACIÓN
A Deputación Provincial da Coruña organiza, a través de Europe Direct A Coruña, unha campaña en liña sobre información e desinformación na Unión Europea que se desenvolverá ao longo dos meses de febreiro e marzo. As actividades da iniciativa están dirixidas a persoas de entre os 18 e os 30 anos que sexan membros do Club UE.
O 4 de marzo 'Que non che colen nin un bulo!', unha actividade coa que aprender a protexerse da información falsa. Participará Verónica Ramallal, CEO de Pekecha, que ensinará claves para detectar a desinformación na rede, entender as causas pola que se forma e saber como reaccionar.
Como participar:
A páxina web da Deputación Provincial da Coruña, www.dacoruna.gal serve como plataforma tanto para unirse ao Club UE como para anotarse nas actividades da campaña. Ou na seguinte ligazón : https://www.dacoruna.gal/accesos-directos/formularios/europe-direct/informacion-vs-desinformacion-no-club-ue/
Comentarios
Publicar un comentario