TECNÓLOGO/A POR UN DÍA

 Tecnólogo/a por un día


TECNÓLOGO/A POR UN DÍA


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca o programa Tecnólogo/a por un día.

Nesta edición será formato online para poder seguir contribuíndo a mellorar a visión que proxectan as profesións científico-tecnolóxicas, así como a súa percepción entre estudantes de 15 a 17 anos.  É unha forma de achegar aos estudantes ao contexto e realidade da que formarán parte no futuro a través de tres modalidades distintas de sesións.

Ata o 22 de marzo permanecerá aberto o prazo para que o persoal docente inscriba ao alumnado interesado en participar. Deberán cumprimentar o formulario dispoñible no seu espazo web. As prazas asignaranse aplicando o resultado dun sorteo. Posteriormente, serán as empresas as que se poñan en contacto co alumnado seleccionado para concretar a data e o horario das sesións que resulte conveniente para ambos.

Durante os meses de abril e maio, os participantes mergullaranse nos proxectos tecnolóxicos das empresas TIC colaboradoras. Nesta nova edición os máis de 150 participantes serán acollidos polas 12 empresas colaboradoras: Altia, DXC Technology, everis, Inetum, Satec, Sivsa (Grupo Kiom), R Cable y Telecable Telecomunicaciones, Televés e os socios do Clúster TIC Galicia Aldaba, Dos Espacios, Sixtema e Tecalis.

Máis información e solicitudes: https://digitalent.xunta.gal/es/iniciativa/tecn%C3%B3log-por-un-d%C3%ADa-online



!!!!!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

GAME JAM PARA REALIZAR UN VIDEOXOGO DA MOSTRA AFONSO X E GALICIA

BOLSAS DE AXUDAS

SORTEO CARNÉ XOVE